Translating:How to start/gl
Como comezar
- Obter unha conta en translatewiki.net
Para comezar, a primeira cousa que precisa é unha conta de usuario. Crear unha conta leva menos dun minuto e úsase para ter un seguimento do que estivo a traballar.
Ao crear unha conta, ten que facer algunhas traducións de proba para asegurármonos de que ten uns coñecementos básicos das linguas. Estas traducións non son reais, úsanse para comparalas con vellas traducións feitas por usuarios de confianza antes de darlle os dereitos para comezar a traducir as mensaxes reais. Isto quere dicir que as mensaxes que traduza serán usadas na seguinte actualización do programa/sitio web!
Estar en contacto
Support é o lugar onde pode pedir axuda ou propor cousas.
O portal na lingua da súa interface de usuario (p. ex. Portal:gl para galego) é un lugar centralizado onde pode atopar información e estatísticas de actividade sobre a comunidade da lingua. Tamén é o lugar para comunicarse con outros tradutores da mesma lingua e conversar sobre terminoloxía e outras cousas relacionadas.
Special:WebChat permítelle conectarse á nosa canle IRC usando o seu navegador web. Pode atopar máis axuda sobre IRC en m:IRC. En resumo, pode conversar en tempo real con desenvolvedores e empregados de translatewiki.net, se están activos alí nese momento.
Comezar a traducir
Despois de que obteña o permiso para traducir, o seu punto de entrada será principalmente a ferramenta de tradución. Esta ferramenta lista todos os grupos de mensaxes dispoñibles que temos. A maioría das traducións fanse usando esta ferramenta, consulte o titorial.
Comprobe tamén a páxina do proxecto para o software que está a traducir, xa que alí pode haber instrucións e consellos importantes. As páxinas do proxecto están ligadas no breve resumo que se mostra na parte superior da interface de tradución.