Jump to content

Introdución

From translatewiki.net
This page is a translated version of the page Translating:Intro and the translation is 100% complete.

Introdución

Aquí, en translatewiki.net, estamos a construír e mellorar continuamente a infraestrutura para facilitar a localización dos proxectos de código aberto e documentos libres. Esforzámonos para acadar os nosos dous obxectivos.

O noso primeiro obxectivo é a eficacia. Para aumentar a eficiencia do proceso, integrámonos no proceso de desenvolvemento do software para ter unha pequena visión deste. Ademais, desenvolvemos ferramentas para automatizar a integración das traducións. Isto alivia aos tradutores, que se concentran en producir as mellores traducións posibles.

O noso segundo obxectivo é a colaboración. Todo o sistema está construído nun wiki. MediaWiki é un motor wiki moi popular, proporcionando unha estrutura para a construción de comunidades colaborativas. Animamos aos tradutores a que se axuden mutuamente a través do proxecto e das fronteiras lingüísticas de múltiples formas, e actuar como unha ponte entre desenvolvedores e tradutores.

Non precisa ter idea de programación. Se está familiarizado cun software wiki, vai aprender a usar translatewiki.net sen problemas. Os únicos requirimentos son o bo dominio de linguas, un navegador web e ser de mente aberta.

Actualmente, o proxecto de translatewiki.net (MediaWiki) é utilizado en máis de 300 linguas. translatewiki.net recibe actualizacións en máis de 100 linguas cada mes.