Jump to content

Tecnoloxía

From translatewiki.net
This page is a translated version of the page Technology and the translation is 100% complete.


translatewiki.net emprega varias técnicas de asistencia que farán que o traballo de tradución sexa máis rápido e se obteñan mellores resultados; consulte a guía de tradución e a documentación xeral para atopar máis información sobre o motor de tradución, que non é específico deste wiki.

Axudas á tradución

A máis simple axuda de tradución é unha colección de información potencialmente útil.

Traducións noutras linguas
Pode elixir que linguas quere ver ao traducir. As traducións feitas nas linguas seleccionadas móstranse se xa existise algunha. As traducións feitas noutras linguas relacionadas dan unha idea sobre as palabras e mais a estrutura gramatical. Ou tamén pode velas para aprender outra lingua!
Documentación das mensaxes
Calquera software contén mensaxes complicadas de entender, mesmo no seu contexto. É posible que este tipo de mensaxes conte cunha documentación de axuda en translatewiki.net. E mesmo se non a hai, axudaremos no que poidamos. Soamente ten que facer a pregunta na páxina Support. A documentación achega información sobre o contexto (se é o texto dun botón, un título), os contidos das variables e calquera outra cousa que se necesite para elaborar a tradución.
Comprobacións sintácticas
Tamén introducimos simples comprobacións que alertan de pequenos erros como variables non usadas ou descoñecidas, formato de HTML incorrecto e cantidades irregulares de parénteses. Estas simples equivocacións poden causar problemas, polo que é importante atopalas axiña.
Glosario
Durante a tradución, os tradutores teñen fácil acceso ás traducións acordadas. Ofrecemos ferramentas para xestionar un glosario en cada lingua. Pódense abrir debates sobre os termos sen unha tradución clara.

Tecnoloxías de tradución

Estas son tecnoloxías máis avanzadas que axudan nos campos das ciencias informáticas e a tecnoloxía das linguas.

Memoria de tradución
A memoria de tradución axuda a conseguir unha maior coherencia nas traducións, ademais de facer máis rápida a tradución de termos similares e mensaxes repetitivas. A memoria de tradución está compartida en todos os proxectos compatibles.
Tradución automática
Integramos servizos de tradución automática para axilizar a tradución. A lista de provedores e linguas compatibles pode variar co tempo.