Traducindo:Fóra de liña
Esta é unha páxina de axuda para usuarios que queiran traballar en traducións fóra de liña.
En Especial:Traducir podes exportar un grupo de mensaxes a un ficherio .po/gettext e traballar nel sen conexión. Podes subir ou importar as súas traducións se tes "permiso de tradutor sen conexión" (solicítao despois de ter demostrado ser un tradutor fiable en liña). Para o teu primeiro envío, comprime o teu ficheiro gettext e envíao por correo electrónico a "translatewiki (arroba) translatewiki (punto) net" facendo referencia ó seu nome de usuario en translatewiki.net. O teu primeiro envío será importado por un membro do persoal.
Para suxestións técnicas, advertencias e notas sobre o uso da opción de tradución fóra de liña, diríxete á documentación.
Se premes nalgunha das seguintes ligazóns irás a un formulario para descargar un ficheiro. Este ficheiro está codificado en UTF-8. Selecciona o formato para a tradución sen conexión.
As ligazóns anteriores refírense a MediaWiki. En Estatísticas da lingua podes ir a calquera grupo e seleccionar "Export". Logo selecciona "Export for off-line translation" para exportar en formato gettext.