Jump to content

Cargar vs. subir

Cargar vs. subir

Revertín todas as túas edicións que cambiaban "cargar" por "subir". Non vexo motivo para facer tal cousa. Adoito empregar as traducións que se achegan nesta páxina. Para "upload" dan válido "cargar". Saúdos!

Toliño Fala aquí comigo 13:06, 23 May 2012

O mesmo para "file". A súa tradución é "ficheiro" cando é un substantivo, pero "arquivar" cando é un verbo.

Toliño Fala aquí comigo 13:22, 23 May 2012

Load tradúcese por "cargar", e se tamén traducimos upload por "cargar" crearía ambigüidade, xa que as dúas palabras son moi empregadas en informática. Ex: Non se puido cargar a foto. Aquí non se sabe se non se puido ir buscar a foto ós servidores para amosarllas ó usuario, ou que non se puido copiar o foto do usuario e gardala no servidor. Así que creo que se traducimos upload por "subir" xa se elimina esta ambigüidade.

Vivaelcelta {discusión · contributions}20:14, 27 June 2012